I Xornadas Herpetolóxicas no Concello de Ourense
O sábado 13 de abril, ás 10.00 h., na Aula Municipal de Natureza do río Miño, en Oira comezan as I Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia”.
Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fai necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza. Para tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, organiza 4 xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles. As xornadas buscan sensibilizar a poboación acerca da conservación dos hérpetos, que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado.
As xornadas serán 4, unha cada dúas semanas entre os meses de abril e maio de 2013, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas.
Xornada 1:
Sábado 13 de abril de 2013 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).
Temática:”Ourense: capital herpetolóxica. Presentación da actividade, Fundamentos de herpetoloxía. Características básicas dos anfibios e réptiles. Os hérpetos como bioindicadores.
Saída práctica: Hérpetos do medio acuático e forestal ourensán. Visitaranse as cuncas dos río Miño e Loña, así como diversas lagoas artificiais urbanas. Especies invasoras e o seu impacto no medio ambiente. Especies extintas hérpetos en Ourense.











