Pontevedra acolle o I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición “Sportis 2013”
O I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición, Sportis 2013 terá lugar do 9-11 de maio 2013 en horario de 10:00 a 20:00 horas na Sede do Recinto Feiral de Pontevedra.
Sportis 2013 ten como obxectivo dar a coñecer o público en xeral as últimas tendencias en materia deportiva, saúde e nutrición. O evento pretende congregar miles de persoas vinculadas ao ámbito deportivo, en calquera das súas vertentes: saúde, ocio, rendemento, xestión, didáctica ou investigación.
Sportis 2013 reunirá estudantes, deportistas, pais e nais, directivos, xestores, profesores, nutricionistas, médicos, adestradores, e a todas as persoas nas que o deporte forme parte da súa vida diaria. Sportis 2013 será o escaparate de preto dun centenar de empresas vinculadas ao ámbito deportivo, da saúde e da nutrición, dando a coñecer os últimos produtos e servizos para os consumidores. O evento tamén favorecerá a busca de emprego e a comunicación entre empresas e posibles traballadores. O prezo da entrada será 1 € Adultos e nenos. (Nenos ata 2 anos gratis).
Paralelamente a este salón, celebraranse:
– IX Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
– Reunión Anual de Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia.
– Programa Fórmate: Charlas informativas sobre o deporte, a saúde e a nutrición.
– Demostracións de produtos.











