O Concello de Vedra organiza a I Gala do Deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalVedra
A-
A+

O Concello de Vedra quere homenaxear ao deporte de Vedra e os responsables e institucións que fan posible o seu desenvolvemento. Para isto presenta a súa I Gala do Deporte.

DATA: O venres 5 de abril

HORA: Ás 20:30 h

LUGAR: O Salón de Actos do Centro Sociocultural da Terceira Idade de Vedra

A pretensión deste acto non é outra que a de poñer en valor a práctica do deporte e os seus principios. Dende logo será un inmellorable momento para reunir o máis destacado deste mundo do deporte en Vedra.

E como broche de ouro contaremos coa presencia do primeiro galardoado en Vedra como LENDA DO DEPORTE GALEGO, que non é outro que MONCHO FERNANDEZ, adestrador do BLUSENS MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne todos os valores deportivos e humanos que o xurado buscaba, pois trátase dun exemplo de como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto de elite a nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio,continúa formación e implicación social e humana que sempre é prioritaria, sendo ademais unha persoa próxima, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e defensor das súas orixes.

3 de abril de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.