Homenaxe do Concello de Ordes a Manuel Fernández pola súa xubilación tras 32 anos na brigada de obras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Entrega de agasallo a Manuel Fernández

Entrega de agasallo a Manuel Fernández

Traballadores e membros do equipo do goberno local do Concello de Ordes celebraron cunha gran comida a xubilación dun dos seus traballadores máis veteráns. Manuel Fernández Barreiro puxo punto e final a súa traxectoria laboral tras máis de 32 anos de traballo na brigada de obras. O lugar escollido para a xuntanza foi o asador O forno, onde o alcalde Manuel Regos tivo unhas palabras de agradecemento e recoñecemento “por tantos anos de esforzo e traballo”. Tamén foi o encargado de entregarlle varios agasallos, unha placa co escudo do Concello e un reloxo, tanto por parte tanto do Concello como dos seus traballadores.

30 de abril de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.