publicidade hoxe

Gutiriz sensibiliza coa campaña “SEPARAR….un pequeno esforzo… un gran AVANCE!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLocal
A-
A+

O Concello de Guitiriz está desenvolvendo a campaña “SEPARAR….un pequeno esforzo… un gran AVANCE!”centrada na  sensibilización e fomento da separación de lixo nos colectores axeitados. A finalidade desta é concienciar á poboación da importancia e dos beneficios da reciclaxe, así como cambiar actitudes entre os veciños/as do concello, permitindo que as actuacións se dirixan cara un desenvolvemento sostible. Para isto, vanse levar a cabo unhas charlas informativas por todas as parroquias do concello, dende o 26 de abril ata o 9 de maio.

Dende o Concello felicitamos a todos/as veciños/as que separan axeitadamente os residuos, facendo posible así a reciclaxe, e invitamos a que este compromiso se manteña e que sigan aumentando as cifras de reciclaxe no concello. O grupo de goberno poñerá tódolos medios dispoñibles dos que dispón, para seguir concienciando máis á poboación.

CHARLAS INFORMATIVAS

– Escola de Parga 26 de abril ás 16:00h

– Escola da Ventisca (O Buriz) 26 de abril ás 21:30h

– Casa Rectoral de San Salvador 29 de abril ás 16:00h

– Escola de Labrada 29 de abril ás 21:30h

– Casa Habanera (Guitiriz) 30 de abril ás 16:00h

– Escola de Laxoso (Os Vilares) 30 de abril ás 21:30h

– Escola de Santa Locaia 2 de maio ás 16:00 h

– Escola de Trasparga 2 de maio ás 21:30 h

– Escola de Sambreixo 3 de maio ás 16:00 h

– Escola de Pígara 3 de maio ás 21:30 h

– Escola de Roca 6 de maio ás 16:00 h

– Escola de Santa Cruz 6 de maio ás 21:30 h

– Escola de Pedrafita 7 de maio ás 16:00 h

– Escola de Santamariña 7 de maio ás 21:30 h

– Escola das Negradas 8 de maio ás 16:00 h

– Escola de Mariz 8 de maio ás 21:30 h

– Escola de Becín 9 de maio ás 16:00 h

24 de abril de 2013 | 15:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.