Gondomar outorga licenza de obra a Fenosa para a instalación dun transformador eléctrico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Concello de Gondomar, en Xunta de Goberno do 9 de abril, outorgou licenza de obra maior a Fenosa para a instalación dun transformador eléctrico no barrio de Barcalla, na parroquia de Donas.

Con esta obra, o Concello dá resposta á petición dos veciños da zona que demandaban, dende hai anos, un servizo de electricidade de calidade para as súas vivendas.

A obra, que se levará a cabo en breve, é froito da estreita colaboración que manteñen Concello e Gas Natural Fenosa e poderase realizar grazas á contribución da Comunidade de Montes de Borreiros quen cedeu o terreo necesario para a instalación deste transformador.

O Concello de Gondomar segue traballando para levar a cabo melloras na rede eléctrica do municipio. Neste sentido, dende a Concellaría de Medio e Servizos, que dirixe Juan Carlos González, infórmase de que se encontra en trámite outra actuación similar no barrio da Costa en Mañufe. “Este expediente encóntrase á espera do perceptivo permiso sectorial de Patrimonio”, puntúa o edil.

12 de abril de 2013 | 09:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.