Gondomar coñecerá ao seu primeiro ‘praceiro/a’ favorito este venres

Praza do Mercado de Gondomar
Mañá venres, día 12, ás 13:00 horas, terá lugar o primeiro sorteo da campaña da Dirección Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia ‘Presume de Praceiro/a’.
Neste sorteo, que se realizará na Praza de Abastos do Concello de Gondomar, premiarase a tres usuarios do mercado con vales de 75, 50, e 25 euros para comprar na propia Praza de Abastos do municipio.
O mellor ‘praceiro’ ou ‘praceira’ de Gondomar sairá do reconto de todos os votos vendo recoñecida a súa profesionalidade e dedicación.
Unha vez realizado o sorteo baleirarase a urna dos votos e instalarase de novo, abríndose outro prazo para un novo sorteo que se realizará o 3 de maio e que contará con outros tres novos premios.
A campaña, posta en marcha pola Xunta de Galicia, enmárcase na estratexia que leva a cabo a Consellería de Economía e Industria co obxectivo de potenciar as prazas de abastos como pezas clave no tecido comercial e na dinamización de vilas e cidades.











