Gondomar adhírese ao servizo de recollida de animais domésticos da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocalPontevedraProvincias
A-
A+

O Concello de Gondomar, do mesmo modo, que Nigrán e Baiona, adheriuse ao servizo de lazaría e recollida de cans abandonados que ofrece a Deputación de Pontevedra.

Deste xeito, Gondomar dispoñerá dun servizo de recollida as 24 horas do día, os 365 días do ano, que será ofrecido pola empresa pública Tragsa.

Todas as solicitudes de recollidas deberán ser notificadas á Concellaría de Medio ou no seu defecto, deberán remitirse á Policía Local.

Coa adhesión do Concello a este servizo, ofrecido pola Deputación Provincial, preténdese mellorar este á vez que se reduce o gasto que se destinaba para este fin.

12 de abril de 2013 | 09:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.