Flores destaca a rápida resposta ante o fallo na subministración eléctrica da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Voceiro Municipal, Julio Flores, informou esta tarde do incidente acontecido na rede de subministración eléctrica, causado polo desprendemento de parte dun tellado dunha nave do Polígono da Grela e que afectou a unha liña de alta tensión. A avaría, que tivo lugar ás 14.07 horas, afectou a 90.500 usuarios dos barrios de Monte Alto, Cidade Vella, Ensanche, Sagrada Familia, Os Mallos e Paseo das Pontes, así como tamén aos polígonos industriais da Grela e Pocomaco.

Xullo Flores destacou a coordinación entre o Concello, a través dos departamentos de Infraestructuras, Seguridade Cidadá e Emerxencias, e a Rede Eléctrica Española, o que permitiu unha rápida resposta na resolución do incidente e reducir así os tempos de reposición da subministración. “En 15 minutos, restableceuse a subministración eléctrica ao 35% dos usuarios; aos 30 minutos, ao 50%; e aos 40 minutos, restableceuse o 100% “, explicou Julio Flores.

O responsable municipal informou de que o apagamento afectou á rede semafórica da cidade e que se logrou restablecer na súa maioría as 14.40 horas, quedando normalizado totalmente ás 16.40 horas coa resolución dos semáforos en Alférez Provisional, en Juana de Vega e na rúa Biscaia. Durante o corte eléctrico, o Concello dobrou a quenda dos axentes da Policía Local nos principais cruces e vías da cidade. Por parte do Servizo de Bombeiros, atendeuse a 6 persoas que quedaron atrapadas en ascensores de diferentes puntos da cidade e a dous pequenos incendios sen transcendencia en Juan Flórez.

Xullo Flores informou de que 4 unidades de bombeiros e 2 grúas continúan cos traballos de retirada do tellado no polígono de Pocomaco e efectivos da Policía Local regulan os accesos.

10 de abril de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.