Finaliza o curso de Paquete Office organizado pola OMIX de Gondomar

Alumnos do curso de informática
Hoxe finaliza o curso de Paquete Office que se desenvolve dende o pasado día 2 na aula de informática das instalacións do Centro de Desenvolvemento Local do municipio, e no que participaron 16 alumnos de entre 18 e 40 anos. “A actividade tivo moi boa acollida. Recibimos un total de 30 solicitudes” sinala o concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso.
Este curso, de 60 horas de duración, centrouse na aprendizaxe dos programas que configuran o coñecido paquete Office: Word, Excel, Access e Power Point.
A actividade foi de carácter gratuíto e enmárcase dentro da programación formativa que ofrece a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar.











