Ferrol súmase ao convenio para dar unha resposta áxil a casos de desafiuzamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, informou hoxe da adhesión da Administración municipal ao voncenio asinado a semana pasada entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) –organismo que preside- e o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) para dar resposta de maneira áxil aos casos de emerxencia ou vulnerabilidade que se poidan producir cando se executa un alzamento ou desafiuzamento. “Este convenio pretende dar solución a tempo real”, sinalou o primeiro edil da cidade.

Así as cousas, Rey Varela explicou que este convenio fixa un procedemento para que os servizos sociais da Xunta de Galicia e do Concello de Ferrol sexan informados con antelación das tramitacións execución hipotecaria feitas polos xuíces. “Trátase de poder activar con previsión os recursos dispoñibles por parte das administracións autonómica e local para atender os casos de emerxencia que se poidan xerar”., manifestou o rexedor ferrolan.

E ao fío da adhesión do Concello de Ferrol a este acordo de colaboración, o alcalde avanzou que o Goberno Municipal reservará dúas vivendas do barrio de Recimil para atender casos de desafiuzamento; e outras dúas para casos de emerxencia social canalizados a través da Xunta de Galicia.

16 de abril de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.