Ferrol recibe aos participantes no seminario europeo para o fomento da cultura emprendedora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+
Recepción dos participantes

Recepción dos participantes

O concelleiro de Participación e tenente de Alcaldía, Jose Manuel Vilariño Anca; e a edil de Emprego, Martina Aneiros Barros, deron hoxe a benvida aos participantes no encontro sobre o fomento de iniciativas emprendedoras que organiza o Concello de Ferrol, dentro do proxecto “Rede de Cidades Europeas para un entorno empresarial favorable”. Este encontro achegou á cidade naval a técnicos en materia de emprego procedentes de sete cidades de cinco países diferentes -Varsovia, Kielce e Bydgoszcz (Polonia), Norrköping (Suecia), Rimini (Italia) e Ferrol- que dende o pasado martes até mañá venres realizaran reunións de coordinación e traballo no municipio ferrolán.

Martina Aneiros explicou que nestes seminarios trátase de analizar as medidas que aplican os distintos territorios e elaborar propostas comúns nos ámbitos do emprendemento e a promoción económica e empresarial. Neste sentido, deste encontro internacional en Ferrol saíran os temas que os técnicos debaterán en vindeiros seminarios noutras cidades participantes no proxecto. O titular de Emprego destacou que esta iniciativa “está a resultar moi positiva polo que supón de intercambio e transferencia de coñecementos no ámbito europeo acerca do apoio ao emprendemento, desenvolvemento de recomendacións para crear contornos máis favorables para as iniciativas empresariais, e a creación de redes de cooperación entre as cidades, as entidades e os actores implicados”.

Previamente á recepción institucional no Pazo Municipal de Ferrol, o Parador de Turismo da cidade acolleru unha xornada de presentación do proxecto que contou coa participación de asociacións, cooperativas, empresarios e representantes da confederación de empresarios (COFER), da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF).  Xunto coas xornadas de traballo, os participantes neste encontro aproveitan a súa estancia en Ferrol para coñecer o complexo militar e naval da nosa ría a través a Ruta da Construción Naval –que fixeron a xornada de onte-; e o noso entorno natural –esta tarde visitarán as praias do litoral ferrolán-.

18 de abril de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.