Ferrol presenta a iniciativa lingüística “Teatro con g” e a nova programación de “Domingos a escena”
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado, informou hoxe sobre a programación de “Teatro con G” e da nova tempada de “Domingos a Escena” para o mes de maio. Os dous asuntos foron levados á última comisión informativa da área celebrada o pasado venres.
A nova programación de maio ciclo de teatro afeccionado que ten lugar os domingos ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza presenta as seguintes obras e compañías:
– 5 de maio: “Con premeditación e alevosía” do grupo de teatro ASCM de Ferrol.
– 12 de maio: “Radio Universo” da Asociación Cultural Nostrum Cai de Lugo.
– 19 de maio: “O médico á forza” da Asociación Cultural de Ciegos y Deficientes Visuales da Coruña – Valacar.
– 26 de maio: “Nin rico, nin pobre (senón todo o contrario)” do Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela de Dubra
Ademais, a iniciativa “Teatro con G”, que busca promover a normalización lingüística nos colexios da cidade a través de pezas teatrais, dará comezo no mes de maio e prolongarase ata o vindeiro mes de outubro. A acción educativa e cultural está promovida polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística. Os escolares poderán gozar da seguinte programación:
– Mércores, 15 de maio: “Non é país para cabaleiros” no CEE Terra de Ferrol ás 11:00 horas.
– Martes, 28 de maio: “Contos de lobos” dirixido aos alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria Obrigatoria no Teatro Jofre ás 11:30 horas.
– Martes, 28 de maio: “A herdanza da tía Roxelia” adicado aos nenos/as de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria Obrigatoria que terá lugar no teatro municipal ás 11:30 horas.
– Xoves, 30 de maio: “Que somos?” para o alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos no Centro Cultural Torrente Ballester ás 12:00 horas.
– Martes, 18 de xuño: “Annie, o musical” para os escolares de Secundatio, Bacharelato e Ciclos no Torrente Ballester ás 12:00 horas.
– Martes, 15 de outubro: “Frankenstein” que terá lugar no teatro ferrolán ás 11:30 horas, para os estudantes de 6º de Primaria e 1º do Ciclo de Secundaria.
– Mércores, 30 de outubro: “Recitado de poesía” para o alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos no Centro Cultural Carvalho Calero ás 12:00 horas.
Por outra parte, a comisión de seguimento de locais de ensaio admitiu 9 novas solicitudes de grupos que poderán facer uso destas instalacións municipais. Compre lembrar, que dende a área de Cultura, foron invertidos recentemente 7.000 euros para a mellora deste locais.











