Ferrol pon a disposición 2.550 exemplares duplicados procedentes da biblioteca municipal
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura que dirixe Manuel Reyes García Hurtado, pon a disposición de colexios, institutos, bibliotecas, entidades, asociación ou institucións da cidade, un fondo de 2.550 volumes composto por de exemplares duplicados da Biblioteca Municipal.
Esta iniciativa pretende contribuír á difusión do hábito da lectura e o incremento dos fondos das entidades ou colexios solicitantes sen custe algún para os mesmos. Ademais, os libros deixarán de estar almacenados sen posibilidade de consultalos con esta medida, coa que se pretende que o conxunto da cidadanía teña acceso a estes exemplares.
As peticións serán atendidas por orde de chegada e os gastos de envío ou traslado correrán a cargo da entidades solicitante. As solicitudes serán realizadas no seguinte correo electrónico: cultura@ferrol.es ou no enderezo postal: Concellería de Cultura.Praza de Armas, s/n. 15402 Ferrol. Para máis información, poderán chamar ao teléfono: 981 94 41 80.











