Ferrol patrocinase no site web de viaxes máis grande do mundo
A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, dirixida por Diego Calvo Pouso, está a levar a cabo unha campaña promocional da cidade naval a través da páxina web Tripadvisor. Esta iniciativa impulsada a través da Sociedade Mixta de Turismo está vixente dende o 1 de abril e continuará todo o ano.
Esta site de viaxes, a máis grande do mundo, ofrece información de Ferrol e a comarca en xeral a través de fotografías, vídeos e banners que nos redirecionan ás webs da Ruta da Construción Naval e do Pantín Classic Pro, ademais de enlaces aos perfís de Ferrol Turismo nas redes sociais Facebook e Twitter e no canle de Youtube. Así mesmo, oferta información de paquetes turísticos dispoñibles na zona e dos próximos eventos da cidade e tamén mostra os establecementos máis valorados polos membros da comunidade Tripadvisor. Esta campaña de promoción financiada no marco do convenio “Plan de Competitividade Turística 2012” do Concello de Ferrol e a Deputación provincial da Coruña











