Ferrol abre o prazo para a solicitude de becas para a escolarización de menores
A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, informou que dende hoxe o Concello de Ferrol ten aberto o prazo de solicitude da convocatoria de axudas para escolas infantís para nenos e nenas menores de 3 anos. Así o anunciou a edil ferrolá despois de dar conta deste asunto aos grupos municipais en comisión informativa.. Este programa de axudas enmárcase no Plan de Oportunidades anunciado polo alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela, e que conta cun presuposto global de 500.000 euros para o presente exercicio de 2013.
Ao respecto do Plan de Oportunidades, Martínez Beceiro lembrou que un dos eixes do mesmo son medidas de apoio demográfico para frear a perda constante de poboación na cidade nos últimos anos; e dentro destas medidas están as novas modalidades de bolsas para escolas infantís. O Goberno Municipal, a través desta iniciativa, garante que todas as familias que o soliciten e cumpran cos requisitos recibirán as becas para escolas infantís até un máximo de 50 euros mensuais por menor, atendendo a criterios de ingresos económicos. Un dos requisitos imprescindibles para beneficiarse destas bolsas é que as familias leven empadroadas en Ferrol un mínimo de un ano.
Os nenos/as deben realizar unha inscrición previa nalgunha das oito escolas infantís concertadas coa Xunta de Galicia que están abertas no municipio -La Salle, Os Meniños, Belén, ABC, San Rosendo, Chip-Chop,. Ludy e Aloha- ou en calquera das tres escolas infantís de Ferrol que forman parte da rede pública “A Galiña Azul” –Caranza, Catabois e Virxe de Chamorro-. “Estas becas nacen coa finalidade de dar resposta a todas aquelas familias con nenos e nenas menores nacidos ao longo deste ano”, manifestou a titular de Benestar Social, que engadiu que en sucesivos exercicios o Goberno Municipal incrementará a franxa de idade até completar o abano de 0 a 3. “Con esta iniciativa estamos a promover a correcta conciliación da vida familiar e laboral das familias de Ferrol”, sinalou Martínez Beceiro.
Documentación a presentar
Así as cousas, para poder ser beneficiario desta axuda deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol a seguinte documentación: instancia de solicitude, fotocopia do libro de familia, certificado de empadroamento, prematrícula da escola infantil pública ou concertada adherida a este programa e presuposto do custe da praza que se solicitará á escola infantil correspondente
Cinensino
Noutra orde de cousas, a edil de Benestar Social do Concello de Ferrol fixo balance do programa de prevención de drogodependencias que dende o pasado luns e até a xornada de hoxe o Concello de Ferrol desenvolveu conjuntamente cos centros escolares da cidade. Este programa, que consiste básicamente en promover unha educacióin en valores a través do cine e de aí que reciba a denominación de Cinensino- fixo que nos últimos catro días pasaran polo Teatro Jofre 853 alumnos de 1º e 2º curso de Secundaria; e outros 603 escolares de 5º e 6º curso de Primaria.











