Feira da Sala e produtos da comarca no Concello de Sarria
Terá lugar o vindeiro 6 de abril de 2013 dende as 11:00 as 21:00 horas, na praza da vila de Sarria.
Contamos con 20 expositores, todos eles da comarca de Sarria (Triacastela, Incio, Samos, Sarria, Paradela, Páramo, e Láncara), a finalidade coa que se organiza e dar saída a tódolos excentes agrarios das explotacións, principalmente os produtos do porco (lacón, chourizos, soas ….) así como os profesionais do sector, intentando non perder a tradición e prestixio do que goza a nosa comarca na elaboración dos produtos da sala.
Na feira tamén acudirán outros produtores de queixo, mel, contamos tamén ca presenza da única bodega embotelladora “Terra Brava” que conta con viñedos dentro da Denominación de orixe da Ribeira Sacra, e outro produtor que comercializa vacún da raza cachena, ambos con degustación do produto.











