Exposición de artes plásticas “18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín”
Mañá 5 de abril, ás 18.30 horas (horario local), a Sala Multiusos do Centro Cultural de Chaves acollerá a inauguración da exposición ’18 Artistas Eurocidade Chaves-Verín’, unha mostra colectiva de artistas dos dous municipios, organizada pola Associação Chaves Viva, Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves e Concello de Verín. A mesma estará aberta ao público en Chaves ata o 30 de abril.
Participan nesta exposición de artes plásticas nove artistas flavienses e nove verinenses, amosando cada un deles dous dos seus traballos: Agostinho da Silva, Alfredo Cabeleira, Dinis Ponteira, Fernanda Reis, Leonel Santos, Nuno Duque, Priscila , Ricardo Costa, Sílvio Manuel, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Fernando Barreira, Iolanda Rodríguez, Karma Gösbur, Marilar Salgado, Santamarina e Xosé Rivada.
Tras Chaves, a exposición tamén visitará o Vidago Palace Hotel en maio, a Biblioteca Municipal de Valpaços en xuño e a Casa do Escudo de Verín en xullo, seguindo as liñas establecidas por Chaves Viva.
Esta iniciativa pretende retomar a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, dada a enorme riqueza existente no territorio da Eurocidade de artistas plásticos, co obxecto de apoiar, fomentar e dar a coñecer a creatividade e talento dos artistas locais, a través da realización de exposicións comúns de artistas flavienses e verinenses, que xa forman parte do programa de actividades culturais da Eurocidade e Chaves Viva.
A Eurocidade Chaves – Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).











