Exposición “Camiño de Santiago” en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

Mañá martes, 2 de abril, inaugurarase a exposición “Camiño de Santiago” na Casa das Palmeiras do Concello de Neda. Será unha cita aberta ao público que comezará ás 20 horas. Trátase dunha mostra de pintura do pintor e escultor Francisco Pérez Alonso que permanecerá en Neda ata o vindeiro día 15. Unha exposición inspirada nas pinturas realizadas polo autor natural de Toro (Zamora) con motivo da súa peregrinaxe á capital da rexión dende a súa cidade de adopción a través do cada vez máis concorrido Camiño Inglés realizado en agosto de 2012. Dende o mércores, o horario de visita será de 19 a 21 horas de luns a venres e de 12 a 14 horas sábados e domingos.

1 de abril de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.