ExportGalicia, unha base de intelixencia de mercados internacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Exportgalicia.com é unha base de intelixencia de mercados do IGAPE en Internet co obxecto de axudar ás empresas galegas no seu proceso de internacionalización. Levouse a cabo en asociación coa empresa francesa Export Enterprises, que conta con importantes premios internacionais como o “Really Useful Site Award” outorgado pola Federation of International Trade Associations (EE.UU) no 2008 e o “Best Economic Intelligence Tool” concedido pola European Business Network en xuño de 2009.

Ademais de recoller toda a información relativa aos servizos e apoios do IGAPE á internacionalización, Exportgalicia.com permite consultar ferramentas e bases de datos con información actualizada sobre os negocios internacionais:

– Estudos de mercado

– Alertas de negocios

– Feiras Comerciais

– Perfís Países

– Normas específicas dos produtos

– Datos de intercambios comerciais internacionais provintes das aduanas mundiais

– Documentos de embarque

– Aranceis e impostos

– Información detallada sobre cómo vender, mercar, invertir, vivir, viaxar,… en 185 países

Entre outras utilidades, o portal tamén proporciona servizos personalizados como a busca de contrapartes en función da selección de país, de sector industrial e de tipo de socia ou socio (importadores, distribuidores, axentes comerciais, provedores, clientes potenciais…). Exportgalicia.com é un servizo completamente gratuito e reservado ás empresas e institucións galegas. Pode acceder directamente co seu usuario e contrasinal se xa está rexistrado no IGAPE ou ben darse de alta cubrindo un sinxelo formulario.

Polo que se refire á promoción da cooperación empresarial a través do IGAPE pódese incluir unha oferta ou demanda de cooperación, ou acceder a información de oportunidades de negocio con empresas europeas a través da rede (Enterprise Europe Network) da que o Instituto forma parte www.galacteaplus.es e con asociacións de empresarios e empresarias de orixe galega mediante a rede creada por IGAPE www.rede.galiciaexterior.es

O IGAPE apoia as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras dende Galicia, e dende os países de destino, mediante instrumentos coma os seus Centros de Promoción de Negocios ou a través de redes como a de axentes comerciais mediadores ou a das e dos bolseiros de promoción exterior.

2 de abril de 2013 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.