Expoordes acolle a presentación do novo portal de promoción turística da Mancomunidade de Ordes

Visitantes á mostra
Tras unha xornada inaugural adicada aos autónomos e empresarios da zona Expoordes 2013 volveu a abrir hoxe as súas portas cun variado programa. Pasadas as 13 horas a sala de conferencias ubicada nos baixos da alameda acolleu a presentación do libro ‘Ordes, terra de Trastámara’. Para elo contouse coa presenza de Manuel Regos, alacalde de Ordes e co director xeral de Administracións Públicas, Norberto Uzal. Asinado por Renato Landeira e con fotografías de Pablo Quinteiro e Ramón Martínez Noya, este libro ofrece un paseo polo municipio así como dos puntos de maior interés, dende unha perspectiva cultural, económica e social.
Inmediatamente despois tanto as autoridades como os numerosos veciños e veciñas que acudiron á presentación trasladáronse ata o recinto feiral ubicado no Campo da Feira. O punto de encontro foi o stand da Mancomunidade de Ordes, a quen se lle adica esta xornada conxuntamente coas asociacións e organizacións parta discapacitados. Foi alí onde os alcaldes da comarca tiveron a ocasión de comprobar de primeira man cómo quedou a web da Mancomunidade (www.mancomunidadedeordes.org). Un portal adicado á promociòn turística e onde veciños e visitantes poderán atopar todo o preciso en relación a restaurantes, aloxamentos, puntos de interés turístico, localizacións, historia, roteiros, etc.
Tras isto toda a comitiva percorreu os stands do recinto onde tiveron a oportunidade de falar con comerciantes e representantes ademais de con numerosos veciños e veciñas. Aínda tiveron ocasión de brindar por esta nova edición de Expoordes, que ao longo da tarde continuou acollendo a milleiros de visitantes. Todos eles tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as últimas novidades en sectores como a automoción, enerxías, alimentación, ocio e deporte, etc. Tamén tiveron a ocasión de mercar productos artesáns, xogar con mascotas ou coñecer as últimas novidades no eido da maquinaria agrícola. Moitos deles tamén quiseron achegarse ata os stands de organizacións e asociacións adicadas á axuda a discapacitados, nos que puideron adquiri manualidades e incluso rifas e boletos. Plantas e viveiros, bebidas, comida, limpeza, etc, todo ten cabida nesta edición de Expoordes que ocupa unha superficie superior aos 2.000 metros cuadrados.
Mañán vivirase o día grande desta cita multisectorial coa XXIV Degustación do champiñón. Unha cita que cada ano congrega a miles de persoas polos establecementos da zona, os cales reparten gratuitamente con cada consumición unha tapa elaborada con este producto. Este ano calcúlase que se prepararán arredor de 7.000 quilos de champiñóns para consumir nesta xornada que tamén contará cunha nota musical. Os encargados delo serán o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, quenes virán acompañados por un grupo de cabezudos encargados de animar o ambiente.











