Exhibición de patinaxe artística no pavillón Paco Chao do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalO Carballiño
A-
A+

Este sábado o anexo do pavillón Paco Chao do Carballiño acollerá unha exhibición de patinaxe artística, como fase preparatoria de deporte escolar, entre os clubs de Ourense e Lugo. Representando a Ourense estará o club de patinaxe do Carballiño, que naceu este ano dentro das escolas municipais de Deportes, e que conta con 50 inscritos.

Os clubs participantes serán a Escola Municipal de Chantada, Campelas de Escarión, Anca de Sarria, Xove de Lugo, Espiral tamén de Sarria, e a escola municipal do Carballiño. En total serán 150 patinadoras as que participarán neste evento. A exhibición comezará ás 12:30 do citado sábado, abríndose as portas do pavillón ás 12:15, sendo a entrada totalmente gratuíta.

A exhibición está organizada pola área de Deportes do Carballiño, coa colaboración da Xunta de Galicia, Deporte Galego e Xogade.

30 de abril de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.