publicidade hoxe

Exames de competencias clave (niveis 2 e 3)

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraLocal
A-
A+

A Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
(DOG número 76, do 19 de abril de 2013)

As probas terán lugar no Recinto Feiral de Silleda, os dias 22 de xuño (nivel 2) e 23 de xuño de 2013 (nivel 3).

Todas aquelas persoas que queiran presentarse terán de prazo ata o 3 de maio para presentar a solicitude.

INFORMACIÓN: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra (Tfno: 981740001), de 9.00 a 14.00h).

24 de abril de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.