Estudantes de Polonia, Italia e Romanía visitan Gondomar

Xornada de confraternidade
Un grupo de 9 alumnos e 13 profesores procedentes de Polonia, Italia e Romanía visitan estes días o municipio no marco dun intercambio cultural, organizado polo Instituto Auga da Laxe de Gondomar.
Os estudantes e profesores visitaron o Centro Neural onde foron recibidos polo alcalde, Fernando Guitián e a concelleira de Educación, Paula Bouzós, entre outros membros do equipo da corporación municipal. Tamén estiveron presentes na recepción o director do instituto Auga da Laxe e varios profesores do centro.
O grupo de alumnos e profesores visitan, dende o pasado luns, o municipio gondomareño e a Comarca do Val Miñor.
Dende o Concello destácase a importancia deste tipo de iniciativas. A intención de alumnos e profesores é que a experiencia teña continuidade e que estudantes de Gondomar poidan realizar futuros intercambios.











