Espello Deportivo chega a Xove con Chano Rodríguez

Foto de recordo dos participantes con Chano Rodríguez
A tarde do viernes 19 tivo lugar o acto da conferencia de Espello Deportivo no concello de Xove (Salón de actos do lugar) ca presenza do campión Chano Rodríguez e o actor Rubén Riós que exerceu de maestro de ceremonias.
Tamén estiveron acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro e pola concelleira de deportes Cristina Iglesias, durante o tempo que durou a conferencia.
Cabe destacar que Espello Deportivo é unha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e pola Xunta de Galicia ca intención de promover a nosa língua a través do deporte e acercando os campións olímpicos e paralímpicos os nenos e todos os presentes.











