Escolares de Gondomar participan nun almorzo saudable en Panxón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

38 alumnos dos colexios de Gondomar participaron, esta mañá, nun ‘almorzo saudable’, organizado a través da Mancomunidade do Val Miñor, e que reuniu 120 escolares dos Concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar.

Nesta actividade, levada a cabo na Residencia de Ocio e Tempo Libre de Panxón (Patos), os nenos puideron gozar dun almorzo saudable elaborado por unha nutricionista e degustar alimentos preparados por alumnos do Obradoiro de Emprego ‘Terras do Miñor’, que alí se está a desenvolver.

Ademais os escolares recibiron unha charla, a cargo da nutricionista Gloria Pérez, sobre os beneficios de seguir unha alimentación saudable na que puideron aprender que produtos son máis convenientes para eles. Por outra parte, tamén houbo tempo para a diversión participando en talleres nos que prepararon espetos de froitas e aprenderon a preparar pan caseiro.

25 de abril de 2013 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.