publicidade hoxe

Escola de Pais e Nais en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteceso
A-
A+

O Concello de Ponteceso organiza unha escola de Pais e Nais. Os interesados e interesadas deben de inscribirse na oficina da educadora familiar do Concello no teléfono 981 714 000 ext 51. A 1ª xornada será o luns 22 de abril as 17.30 horas no Centro Cultural do Concello de Ponteceso.

Trátase dun programa formativo – preventivo en aspectos psicopedagóxicos coa finalidade de aportar ferramentas a un grupo de pais e nais que pretenden intercambiar experiencias e adquirir máis recursos educativos para promover nos seus fillos e fillas actitudes, valores e habilidades persoais e sociais.

A escola de Nais e Pais vai a estar organizada en:

– 3 Xornadas para Nais e Pais

– 1 Xornada de Convivencia con Pais, Nais, fillos e fillas.

Que se vai a tratar na Escola de Nais e Pais?

1. As habilidades sociais.

2. Como axudar aos nosos fillos e fillas a acadar os obxectivos ou metas propostas.

3. 0 xogo como actividade de ocio, instrumento educativo e oportunidade de relación.

As xornadas de convivencia son un espacio onde Pais, Nais, fillos e fillas participan en diferentes actividades co obxectivo de favorecer a comunicación, a asertividade e a empatía entre nenos e adultos.

15 de abril de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.