Escola de ciclismo do Pereiro de Aguiar
Desde o Servizo de Voluntariado do Concello do Pereiro de Aguiar en colaboración cun voluntario, no mes de marzo votou a andar a “Escola Ciclismo do Pereiro de Aguiar”
Os destinatarios son nenos/as do concello de entre 5 e 14 anos que queiran achegarse a esta disciplina deportiva e atopar no deporte unha maneira de gozar do seu tempo libre dun xeito saudable. Na actualidade hai inscritos preto de 40 nenos e nenas do municipio.