Escola de Avós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

Enmarcado dentro das actividades que están previstas no programa “Envellecemento Activo 2012-2013”, financiado pola Deputación da Coruña, o grupo de persoas maiores que están a participar no Concello de Cabanas nesta edición levarán a cabo este próximo martes, 30 de abril, a sesión programada de “Escola de Avós”. A mesma terá lugar no C.E.I.P. Eladia Mariño entre as 10:30 e as 12:00 horas.

Esta actividade consistirá en amosarlles ós grupos de quinto e sexto de primaria un vídeo elaborado con fotografías antigas do Concello de Cabanas, con imaxes da Praia da Madalena, das Escolas Unitarias, etc. que foron facilitadas polos maiores asistentes ó programa de Envellecemento Activo. Logo da proxección do vídeo, os maiores asistentes explicaranlle os alumnos do colexio como eran os costumes cando eles eran máis novos, contándolles como era o seu día a día cos traballos que facían na casa, a asistencia a escola, etc.

Para rematar esta actividade, os nenos e nenas de quinto de primaria do Eladia Mariño representarán unha obra de teatro que prepararon especialmente para esta ocasión.

29 de abril de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.