Entrega dos premios do Tenis de Mesa aos participantes do Centro Méndez Núñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá aos alumnos do Centro Méndez Núñez de discapacidade para facerlles entrega dos tres premios que conseguiron tres alumnas no Campionato de España de Tenis de Mesa na modalidade de discapacidade que se celebrou a mediados de marzo no Recinto Feiral de Pontevedra.

As galardoadas foron:

Covadonga González, campiona na categoría adaptada.

Olalla Díaz, subcampiona na categoría adaptada.

Beatriz Cid, terceira na mesma categoría.

Na categoría adaptada masculina, Miguel Bouzas, tras uns inicios complicados cos que resultaron campións, completou unha serie ininterrompida de vitorias proclamándose gañador da fase de consolación.

Os premios entregáronse esta mañá dado que os gañadores non estiveran na entrega de premios daquela xornada e a Federación envioullos á súa sede. O Club tamén pediu a presenza do alcalde para esta entrega, dado que Fernández Lores tampouco puido estar naquela entrega.

O Club Méndez Núñez pertence á Asociación de discapacitados psíquicos Virgen de la O, que participou neste Campionato de España con nove deportistas nas categorías de adaptada e habilidades, baixo a preparación e o adestramento de Ramón Galandón.

Foi a súa primeira participación nuns campionatos de España, polo que os resultados foron moi bos ao ter unha actuación destacada fronte a rivais de maior experiencia e con máis campionatos disputados.

O alcalde coñeceu a boa actuación destes e dos resto de participantes que obtiveron vitorias parciais deixando patente a súa progresión. O alcalde animounos a seguir traballando no ámbito do deporte (de calquera especialidade) coma elemento imprescindible para unha vida saudable.

3 de abril de 2013 | 15:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.