Entrega de diplomas aos voluntarios de Aspadisi

Entrega de diplomas aos voluntarios
O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Voluntariado e os edís de Medio, Cultura e Traballo, entregaron os diplomas aos mozos de ASPADISI que desenvolveu un programa de voluntariado da Xunta de Galicia, consistente na sensibilización dos veciños para manter a vila limpa.
En concreto estes voluntarios repartiron papeleiras polas prazas da vila, para que se depositarán nelas cascáselas de pipas, envoltorios de doces e pastelitos, ou os restos das merendas dos máis pequenos. Tamén entregaron uns cornetes nos bares e tendas de lambetadas da vila, para que llelas desen aos clientes e estes puidesen depositar alí as gomas de mascar, papeis de caramelos ou cascáselas das pipas, e así non tiralas ao chan.
O alcalde agradeceu a iniciativa e o traballo desenvolvido por estes voluntarios, destacando o seu potencial humano como colectivo carballiñés, e asegurando unha continuidade na colaboración entre o concello e ASPADISI, como xa se fai na actualidade.
Así mesmo recordou que este proxecto de voluntariado foi moi aplaudido na dirección xeral, e espertou o interese doutros concellos galegos para levalo a cabo.











