publicidade hoxe

“Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe”, obradoiro creativo en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

“Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe” é o título do obradoiro creativo que impartirá Chiara Bertin.

Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición que estará dispoñible proximamente neste enderezo web ou enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.es co asunto obradoiro de Chiara Bertin.

Ademais, antes do obradoiro, entre as 17.10 e 18.00 horas, Chiara Bertin manterá unha conversa co alumnado do Instituto arredor da creación contemporánea e as diferentes prácticas artísticas. Esta conversa está aberta a todas aquelas persoas interesadas sen previa inscrición. A actividade está organizada por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo.

Maio Cultural 2013

 Por outra banda, dende a Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organizouse unha completa programación baixo o título Maio Cultural 2013. Para acceder ao listado de actividades pincha aquí.

26 de abril de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.