En maio recuperarase a ruta da construción naval coincindo coas festividades do 1 de maio e das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Turismo, recupera nas pontes de maio a Ruta da Construción Naval aproveitando a festividade do Día Internacional dos Traballadores e o das Letras Galegas. Así, co obxectivo de que tanto os ferroláns como as persoas que visiten a cidade nestas datas poidan seguir coñecendo o complexo naval e militar da nosa ría, a devandita ruta de turismo industrial reactivarase dos días 1 ao 5 e do 17 ao 19 do mes de maio.

O punto de encontro para as visitas guiadas ao Arsenal será na oficina de turismo situada na dársena de Curuxeiras, onde se poderán adquirir os tickets para o percorrido militar que comeza ás 10:30 horas. No caso de Navantia, a visita será en city-tren e sae da Praza de Galicia -xunto ao Teatro Jofre- ás 11:50 horas. Os tickets poden adquirirse no propio city-tren. En ámbalas dúas é necesario realizar unha inscrición previa na oficina de Turismo de Curuxeiras, aberta todos os días do 1 ao 5 de maio, ou ben chamando aos teléfonos móbiles: 696 531 070 e 619 177 402. Ademais, durante estes días poderanse visitar, pero sen guía, outros elementos da Ruta da Construción Naval coma o Castelo de San Felipe, o Museo Naval e Exponav.

30 de abril de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.