En efectivo…. en directo! en Pontevedra
A partir do próximo martes día 9 de abril e ata o mércores 17, o comercio local de Pontevedra acollerá ás bandas de música e grupos musicais máis rompedores e incipientes do panorama musical pontevedrés.
Nunha iniciativa única e por primeira vez na provincia, os recursos artísticos e produtivos da cidade se alían para promocionar os recursos locais, nun evento no que se abrirá á cidade a posibilidade de ver como se roda en directo un videoclip musical aproveitando as tendas máis emblemáticas da cidade.
Gracias á colaboración de estudantes de Ciencias sociais, comunicación audiovisual, e belas artes, da Universidade de Vigo, a experiencia será un magnífico desafío e oportunidade para demostrar o que a comunicación e a creatividade pode facer pola promoción da cidade.
Estes serán os puntos de encontro e os grupos que amosarán o seu saber facer en efectivo e en directo:
Mércores 10 de abril
18:00h na Ferretería Varela, grava Bruno T Ford
Xoves 11 de abril
12:00h no Ultramarinos A montañesa, grava Tractor Troy
Venres 12 de abril
12:00h en Carnaby, grava Querido Extraño
18:00h na Farmacia J. Luis Dominguez Gómez, grava MLK
Sábado 13 de abril
12:00h na Mercería Ernesto Figueira, grava The Blind Crows
18:00h na tenda El Cisne, grava Que Desilusión
Luns 15 de abril
12:00h na Praza de Abastos, grava Perkuka
Martes 16 de abril
12:00h na Mercería Hogar, grava Gog y las hienas telepáticas
Mércores 17 de abril
12:00h na Droguería Moderna, Grava DaSilva e Fernández Dúo
Xoves 18 de abril
12:00h na Fábrica Vintage, grava Gonzalo Arca











