Educación adxudicou a Enmacosa as obras do forxado do colexio Arealonga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

As obras comprometidas pola Xefatura Provincial da Consellería de Educación para reforzar o forxado do colexio Arealonga xa está adxudicadas á empresa Enmacosa, de Sanxenxo. O responsable da Unidade Técnica da Consellería informou disto á Concelleira de Educación, Rocío Llovo, no marco das conversas periódicas que manteñen para facer seguimento das actuacións pendentes nos colexios de Vilagarcía, así como das incidencias que poidan ir xurdindo.

O técnico da Xefatura Provincial de Educación tamén comunicou á Llovo as condicións nas que terán que levarse a cabo as obras. Para a actuación máis importante, a do reforzo do forxado da cimentación, será preciso que descenda o nivel das augas do río que pasa baixo o colexio, que coas intensas chuvias do último mes baixa con moito caudal o que imposibilita calquera actuación xa que, os obreiros deberán introducirse pola canalización para actuar nos cimentos e, aparte de que a auga e a humidade dificultarían o fraguado.

Ademais, a casa de control de Enmacosa advertiu que para a correcta realización dos traballos, o edificio non pode ter máis sobrecarga que o propio peso da edificación. É dicir, que as aulas deben atoparse baleiras ata que fragüen completamente os materiais para garantir a máxima eficacia das obras. En vista de que quedan pouco máis de dous meses para o remate do curso e que coa chegada do verán o río apenas terá auga, decidiuse que as obras se realizarán durante as vacacións estivais.

Evitar o deterioro, xa que non hai danos estruturais graves

O realización destas obras de reforzo comprometeuse despois da inspección realizada polos técnicos da Concellería en resposta á preocupación manifestada pola comunidade educativa. Tras revisar exhaustivamente a cimentación, os técnicos descartaron a existencia de danos estruturais graves que revistan un risco inminente. Así a todo, apuntaron a necesidade de acometer unha serie de reparacións para evitar un maior deterioro do edificio. Estas son as que se levarán a cabo en verán e afectarán a zonas puntuais do entramado secundario do forxado onde se detectou certa oxidación como consecuencia da humidade xerada polo paso do río.

A actuación que si se poderá acometer antes será o arranxo da caseta da caldeira. Aínda que tecnicamente a obra pódese levar a cabo en calquera momento, será preciso apagar a caldeira mentres duren os polo que o centro quedará sen calefacción ata mentres duren os traballos, polo que decidiu esperarse a que mellore algo o tempo para evitar que nenos e profesores pasen frío.

A Lomba

Por outro lado, a concelleira e o responsable da Unidade Técnica da xefatura de Educación tamén comentaron as mellorar solicitadas polo colexio A Lomba para arranxar as deficiencias de tipo estrutural detectadas no edificio construído na anterior lexislatura. A memoria xunto co resto do expediente foron remitidos dende a Xefatura Provincial á Consellería de Educación, estando pendente de resposta dende Santiago.

9 de abril de 2013 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.