publicidade hoxe

“Dragados y Construcciones S.A.” foi a adxudicataria das obras da ampliación do polígono da Tomada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

Hoxe venres, 26 de abril, o Consello de Administración de SIGALSA adxudicou as obras de ampliación do polígono industrial da Tomada á empresa “DRAGADOS Y CONSTRUCCIONES S.A.” que comezará as obras nos vindeiros días.

Lembremos que dita ampliación terá unha superficie total de 106.350 metros cadrados, dos que o 71,8% (76.431 m²) o ocuparán as propias parcelas de uso industrial e o resto destinarase a vías (14,9%, 15.900 m²), zonas verdes (11%, 11.767 m²) i equipamentos (2,1%, 2.252 m²)

Estará dotado cos mellores servizos requiridos polas empresas: abastecemento de auga, rede de saneamento, rede eléctrica, alumeado, telecomunicacións e gas, de feito, e en referencia a este último, Gas Natural xa ten preparado o proxecto para a súa instalación.

Contará, así mesmo, coas conexións viarias das que xa dispón o polígono actual, isto é, coa autovía da Barbanza e a estrada AC-302 A Pobra – Ribeira.

No referente ás parcelas, as haberá de diferentes superficies, grandes, medianas ou pequenas, segundo as necesidades dos empresarios. 6 EMPRESAS XA ACEPTARON E RESERVARON PARCELAS OCUPANDO UNHA PORCENTAXE IMPORTANTE DO TERREO.

O orzamento de contrata da actuación elévase a preto dos 2.350.000 € co IVE do 21 % engadido, ao que habería que sumar os custos de compra dos terreos, a elaboración dos proxectos, etc…. o que achega o total do importe aos 4.000.000 €.

O concurso tivo un grande interese xa que foron un total de 37 as empresas que presentaron as súas ofertas pero unha das razóns polas que resultou “DRAGADOS Y CONSTRUCCIONES S.A.” adxudicataria foi o prazo de remate das obras que estableceu en oito meses.

A finalidade desta ampliación é a de consolidar o tecido empresarial existente na actual superficie empresarial, dándolles ás empresas espazo para a ampliación das súas naves e negocios así como a creación dalgunha nova. Con todo elo, crearanse varios centos de postos de traballo moi necesarios nestes intres por mor da crise que está afectando á nosa economía.

Non quixeramos rematar sen amosar o noso agradecemento a SEPES – Entidade Estatal de Solo, pertencente ao Ministerio de Fomento, e a SIGALSA, empresa participada por SEPES, por investir e apoiar en todo momento esta obra de ampliación que servirá para xerar emprego e riqueza no noso pobo.

26 de abril de 2013 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.