“Domingos a Escena” pecha o programa de abril en Ferrol coa obra teatral “A Ratoeira”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A programación de abril do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, chega ao seu fin o vindeiro domingo, día 28, coa participación da asociación teatral “O Aturuxo de Melpómene”. Esta entidade porá en escena a obra “A Ratoeira” no Centro Cívico de Caranza. A función dará comezo ás 19:00 horas e será gratuíta.

A peza teatral pertencente ao subxénero do misterio está dirixida por Mónica Camaño e foi escrita por Agatha Christie en 1952. A historia consta de oito personaxes que quedan atrapados na Casa Grande do Pozo dos Monxes -son os primeiros hóspedes- debido á neve e vense implicados nun crime. O manto branco, sempre tan puro e pacífico, porán as cousas difíciles ou moi doadas.

24 de abril de 2013 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.