publicidade hoxe

Dodro organiza por segundo ano a “Escola de Verán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

O Concello de Dodro a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade que dirixe Marisol Boga Grela, e despóis do alto grao de satisfacción conquerido o ano pasado, organiza por segundo ano a ESCOLA DE VERÁN.

A Escola de verán é unha proposta educativa e de ocio para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral fomentando a educación en valores como a igualdade, tolerancia e respecto, sen esquecerse da parte lúdica, e que lles vai a axudar aos nenos/as participantes á creación da súa propia identidade e no seu desenvolvemento persoal.

Pretende ser unha alternativa que, ademáis de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido, educativo e igualitario para os nenos e nenas, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.

A Esola de verán é gratuita e vai dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos empadroados no Concello de Dodro. Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas/os de persoas que non estando empadroados no concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. No caso de quedar prazas sin cubrir poderán acceder ao servizo nenas/os empadroados noutros concellos.

Levaráse a cabo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón do 1 de xullo ao 30 de agosto de luns a venres de 9,30h a 13,30h

Ofértanse 45 prazas por quenda reservandose un 5% das prazas para casos de emerxencia social.

O prazo para a inscrición é do 13 ao 24 de maio no Rexistro xeral do concello de 9h a 14h.

Os criterios de selección faranse en base da situación de ocupación e familiar establecidos no Anexo I das bases.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios e na web do concello, así como o modelo de inscrición e anexos.

26 de abril de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.