Día Europeo da Información Xuvenil 2013. Tres décadas de Información Xuvenil
O vindeiro día 19 de abril celebrarase en Santiago de Compostela un Encontro de Informadores Xuvenís co motivo do día Europeo da Información Xuvenil. Neste Encontro conmemorarase os 30 anos de información xuvenil
Programa provisional:
09:30 h. Entrega de documentación.
10:00 h. Presentación
Apoio as políticas de xuventude no ámbito local
Ovidio Rodeiro Tato. Director Xeral de Xuventude e Voluntariado
10:45 h. Mesa Redonda Fomento do emprego xuvenil
Medidas de fomento para o emprendemento xuvenil
O teu primeiro traballo eures
A Formación profesional dual
Dirección Xeral de Emprego e Formación
12:00 h. Descanso
12:30 h. Tres décadas de Información Xuvenil
José Alberto Crespo Jareño. Xefe do Servizo de Información e Emprego Xuvenil. INJUVE
Suso Antelo Garcia Director do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
13:30 h. As Redes Sociais como ferramentas de socialización e difusión da información
14:30 h Clausura
O lugar de celebración será o Hotel Congreso. Carretera da Estrada, km.3, Santiago (A Coruña). O prazo de inscrición remata as 14.00 horas do luns 15 de abril de 2013. A inscrición ao evento realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude. Pregamos que marquedes a opción de Xantar no formulario para facer a reserva da comida.











