Día do Autismo en Ribadumia

Globos nas instalacións municipais
O Concello de Ribadumia quixo conmemorar o Día do Autismo que se celebra hoxe, 2 de abril, sumándose á campaña de sensibilización que realizou a Asociación Por Dereito “Globos azuis para concienciar do autismo”, colocando globos azuis á entrada das instalacións municipais.











