Desvíos do tráfico por mor das obras de canalización en diversas rúas coruñesas
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de cambios na circulación que se producirán a partir de mañá, mércores 10 de abril, con motivos de obras canalización da rede por parte de Unión Fenosa.
-Unión Fenosa realizará obras de canalización da rede na avenida de Arteixo, á altura da rotonda de Eduardo Diz. A canalización cruzará a avenida polo carril de acceso á rotonda da marxe dereita á marxe esquerdo en sentido saída da cidade. Por este motivo, procederase ao corte dun carril de circulación mantendo sempre, polo menos, outro carril no mesmo sentido. A duración das obras que empezan mañá mércores estímase que será ata o 19 de abril.
-Unión Fenosa tamén realizará traballos de canalización da rede na avenida de Enrique Salgado Torres, xa que é necesario realizar unha cata entre os cruzamentos coa avenida Joaquín Planells e a avenida da Sardiñeira na marxe dereita da calzada. En consecuencia, suprimirase o tráfico no carril dereito da zona (en sentido saída da cidade) en horario de 23.00 a 07.00 horas durante as noites do mércores 10 ao xoves 11 de abril e do xoves 11 ao venres 12 de abril. En todo momento se manterá un carril de circulación libre.











