De tapa en tapa por Baiona, comeza “BaideTapas”
Degustar produtos variados e elaboracións creativas e enxeñosas a prezos moi competitivos é posible dende hoxe en Baiona. Unha trintena de locais adheríronse ao II concurso “BaideTapas” que se prolongará ata o 19 de maio. Nesta ocasión, a campaña posta en marcha por La Concejalía de Turismo del Ayuntamiento de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba), deu comezo nos locais de restauración de Sabarís.
O punto de partida tivo lugar no restaurante jamonería Fidalgo. Alí reuníronse membros de Aceba coa responsable de Turismo de Baiona, María Iglesias e unha ducia de informadores de prensa xeral e expertos en gastronomía que gabaron tanto a iniciativa coma as tapas preparadas. Tras esta primeira parada a ruta continúo por outros locais da zona, como a Pasta Gansa e Pradairo Hotel Cafeteria.
A iniciativa lévase a cabo por segundo ano consecutivo e a organización espera superar o éxito da pasada edición, na que se despacharon algo máis de 20.000 tapas. Unha cifra que sen dúbida, sinala María Iglesias, pon en valor a gastronomía de Baiona, reactiva a cultura do tapeo e motiva empresarios e responsables de cociña a crear e ofrecer novos alicientes para o consumidor.
Os máis de trinta establecementos participantes distribuídos por todo o municipio elaborarán un total de 67 tapas diferentes que servirán ao de 2 €. Ademais, se se combina cun viño do patrocinador da campaña, o prezo será de 3’5 €. María Iglesias, Concelleira de Turismo, aposta firmemente por esta iniciativa e para iso destina importantes recursos na súa promoción
Outro dos alicientes de Baidetapas é a posibilidade de optar a suculentos premios participando no sorteo que se realizará unha vez finalizada a campaña. Entre os consumidores que voten as tapas, e consigan un mínimo de 5 selos, sortearanse máis de 30 premios como ceas, vales de degustación, lotes de vino,…además, dun primeiro premio que consiste nun Ipad Retina. Por outra parte, a tapa que consiga a puntuación media máis alta levarase o “Premio á Mellor Tapa 2013”.
A presente edición conta cun aliciente engadido, trátase da participación e colaboración do bodegueiro baionés, Adolfo González Pino, con ampla experiencia no sector e que agora inicia unha nova etapa profesional nas “Adegas Réquiem Hispania” coa marca a “Quinta de Dores”, Albariño Rías Baixas. Con esta denominación, Adolfo Pino fai unha homenaxe a Dona Inés Pino, cando contaba a un dos seus dez fillos as dores que tivo que padecer cando traballaba nas viñas do condado, para poder dalos de comer, estando o seu marido na guerra civil.
Os viños elaborados por Quinta de Dolores conseguen harmonizar a uva de Albariño co carballo galego, criado na mesma zona do condado e que lle achega o aroma e os matices propios dos 3 meses en barrica. Unha harmonía que só se logra cando se cría na mesma terra a vide e o carballo”.











