Curtis presentou unha denuncia polo roubo das vallas do paso a nivel de As Rabuñas

Vallas roubadas
Presentouse unha denuncia no Cuartel da Garda Civil de Curtis polo roubo producido na ponte que discorre sobre a liña férrea no Lg. de Rabuñas. Os ladróns leváronse parte do valo que protexe a ponte.
Os danos ascenden a 750 € e descoñécense datos sobre a autoría dos roubos.











