Cursos de elaboración artesana de licores en Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra prepara para os próximos sábados de abril e maio dous cursos de elaboración artesana de licores.
O primeiro curso celebrarase entre o sábado 20 e o 27 de abril, será sobre a elaboración de licor café e licor de cilantro, de 10.00 a 13.00h. O segundo será o 11 e 18 de maio, onde se enseñará aos asistentes a elaborar coñac caseiro e crema de whisky, tamén de 10.00 a 13.00h. As prazas para estes cursos son limitadas, polo que todos os interesados deberán inscribirse no Concello de Salvaterra ou no teléfono 986 658 082. Ademais o sábado 4 de maio, ás 12.00h, desenvolveranse unhas charlas sobre protección na aplicación de fitosanitarios ademais de falar do manexo da viña en verde. Nestas charlas non haberá límite de prazas.
Todos os actos realizaranse na Casa Multiusos de Salvaterra de Miño.











