Cursos de condución segura “Conduce ti”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocalLocal PortadaXuventude
A-
A+

A  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, un ano máis, pon en marcha cursos Conduce Ti: cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco,  dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.

Destinatarios:

Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.

Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

Datas e lugares de realización:

Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL

Plataforma de Estacionamento nº 2

Polígono Industrial de Teixeiro

15310 Teixeiro – Curtis (A Coruña).

Desenvolveranse nas seguintes  fins de semana:

Marzo:

– Sábado 16

– Domingo 17

Abril:

– Sábado 20

– Domingo 21

– Sábado 27

– Domingo 28

Maio:

– Sábado 11

– Domingo 12

Xuño:

– Sábado 1

– Domingo 2

– Sábado 8

– Domingo 9

Inscricións:

Número de prazas  máximo de 15 por día.

As  persoas interesadas neste programa poderán facer a reserva da praza, dende o día 01 de  de marzo de 2013 e ata cubrir a totalidade das prazas enviando o correspondente formulario que está a súa disposición  ao final desta páxina.

A cota de inscrición será de 30€ e os posuidores/as de Carné Xove pagarán 24 € ( 20 % de desconto)

Unha vez confirmada a reserva da praza, darase a información oportuna para facer o ingreso nun prazo máximo de 48 horas,  de non realizarse o pagamento a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada.

Programa, normas  e horario de desenvolvemento da actividade:

O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización  e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.

Horario:

08:55 h recepción de participantes e entrega de documentación.

09.00 h clase práctica: simulador de superficies esvaradías.

10.00 h clase teórica.

12.00 h clase práctica: Freada con ABS.

12:45 h clase práctica: Freada con avaría.

13:30 h descanso. Xantar ( por conta do participante)

15:00 h clase práctica: Slálom.

16:00 h clase práctica: Círculo de Kann.

17:00 h aula técnica.

Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.

A persoa que non figure como participante  ou non teña abonada a cota correspondente segundo os  datos da organización, será excluída.

Os cambios de titularidade na praza deben ser consultados e autorizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, onde se fixo a inscrición.

As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.

16 de abril de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.