Curso monográfico de Contacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

Cruz Vermella de Santiago de Compostela organiza un curso monográfico de Contacontos.
A proposta do curso monográfico de Contacontos preténdese levar a cabo para reforzar a formación de educadoras/es (mestras/os, pedagogas/os, educadoras/es sociais…) e monitoras/es de tempo libre, TASOC, etc e ampliar as súas posibilidades de acción educativa no seu labor diario tanto en colexios, escolas, talleres ou campamentos.
Debemos ter en conta que a formación en narración ou animación á lectura é considerada nos sistemas educativos máis modernos como unha materia imprescindible na formación tanto de nenas/os como do profesorado.
Contribuímos á estimulación expresiva, artística e cultural, utilizando para iso os elementos multidisciplinares que se dan na creación literaria.
Obxectivos:
– Facilitar o achegamento ás técnicas de narración oral e a arte de cuentacuentos e as súas posibilidades en ocio e educación a educadoras/es e monitoras/es.
– Aprender técnicas orais e interpretativas de relaxación, confianza e linguaxe corporal e escénica como instrumentos de traballo.
– Desenvolver habilidades de comunicación e aplicacións lúdicas e artísticas no labor educativo (profesional ou voluntaria) diario.
– Realizar unha montaxe completa dun cuentacuentos dende a selección do conto e as súas adaptacións ata a posta en escena.
Temario:
1. Técnicas de voz, movemento e adestramento do contador
2. Ferramentas e recursos narrativos e interpretativos
3. Montaxe eficaz dun contacuentos dende a selección do conto á posta en escena
4. Adaptacións educativas e artísticas en actividades educativas
Destinatarios:  Educadoras/es, mestras/os, pedagogas/os, animadoras/es, monitoras/es de tempo libre, estudantes e público interesado en xeral.
Duración: 16 horas
Datas: 20-21 Abril
Prezo: 40 € (Desempregados/as, Estudantes e Membros de Cruz Vermella 10% desconto)
Lugar: Asemblea de Cruz Vermella Santiago

Máis información en Cruz Vermella de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 586 969, ext: 38706

2 de abril de 2013 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.