Curso de Programación didáctica de accións formativas para o emprego en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Programación didáctica de accións formativas para o emprego no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil,  dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade os destinatarios indicados anteriormente.

Número de horas: 60 h.

Nº de prazas: 30.

Contidos:

Estrutura da formación profesional.
Certificados de profesionalidade.
Elaboración da programación didáctica dunha acción formativa na formación para o emprego.
Elaboración da programación temporalizada da acción formativa.

Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial. As sesións presenciais e o examen presencial final terán lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela.

Datas de realización: do 13 de maio ao 28 de xuño.

Sesión presencial: luns 13 de maio ás 12.00 horas.
Exame final presencial: venres 28 de xuño ás 12.00 horas.

Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata  ás 14 horas do venres 3 de maio de 2013.

19 de abril de 2013 | 09:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.