Curso de ofimática para desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán, continuando coa programación anual de formación informática, anuncia a realización dun novo curso de Ofimática, cunha duración de 50 horas, dirixido ás persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que queiran adquirir ou reciclar os seus coñecementos nesta área, de tanta importancia actualmente para mellorar o perfil profesional cara á busca de emprego.

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), desenvolverase do 20 de maio ao 28 de xuño, durante os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 13:00, estando aberto o prazo de inscricións do 30 de abril ao 10 de maio.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Emprego de Nigrán.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366572 e co Departamento de Emprego, no 986 365000, extensión 4,  ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.

26 de abril de 2013 | 15:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.