Curso de montador de estruturas metálicas en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

A inscrición  para a acción formativa de montador de estruturas metálicas que se desenrrolará no concello de Fene remata este venres 3 de maio e pode facerse nas oficinas da área de formación e emprego “Pancho Allegue” na Casa do Concello de Fene. Tamén se pode solicitar información no teléfono 981 49 27 67  e na páxina web www.redexiana.org.

Documentación que hai aportar no momento da inscrición:

– DNI

– Certificado de empadroamento

– Tarxeta de demandante de emprego.

– Certificado de vida laboral

– Formación realizada. Acreditación con títulos ou certificados.

– Certificado de discapacidade

Estas  accións formativas están dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de FENE e tamén de Ares, Mugardos, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

Poderán acceder a estes cursos as persoas demandantes de emprego, maiores de 16 anos, empadroadas nalgún dos concellos pertencentes á Rede Xiana  que non manifestan impedimento físico para o desenvolvemento da profesión.

As persoas participantes formarán parte dos  itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizda e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

Está previsto impartir os cursos de capacitación, preformación e formación complementaria nos meses maio e xuño.

Os cursos de formación específica básica e formación específica de primeiro nivel, está previsto que se realicen a partir de setembro. 

30 de abril de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.