Curso de introdución á Animación 3D no Espazo Xove de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalXuventude
A-
A+

A Casa da Xuventude de Lalín en colaboración coa OMIX propón unha actividade formativa de introdución á Animación en 3D. Esta actividade pretende achegar aos mozos e mozas ás distintas ferramentas existentes para iniciarse no deseño de animacións. Os obxectivos principais do curso tratan de aportar unha visión xeral dos distintos procesos necesarios para levar a cabo unha producción de animación 3D e que o alumnado se familiarice coas ferramentas máis empregadas en cada un de estes procesos.

Duración do curso: 30 horas

Destinatarios: mozos e mozas a partir de 16 anos

Inicio do curso: 20 de maio 2013

Horario: Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 13:00 horas.

Inscripción na Casa da Xuventude de Lalín ou na OMIX. Teléfonos: 986780229 / 986787052.

Requisitos para participar:

– Será preciso que cada alumno/a leve o seu portátil, que debe ter como mínimo 4 GB de RAM, e 1 GB adicada a gráficos.

Contidos do Curso:

1. Introdución (4h)

2. Modelado (4h)

3. Texturizado (4h)

4. Set-up (8h)

5. Iluminación (4h)

6. Animación (8h)

7. Edición e montaxe (4h)

22 de abril de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.